CRÍTICA DE ROCK E OUTRAS LERIAS

Volvendo a escoitar... Dressed To Kiss (Killer Barbies)

Hai 20 anos, alá polo 1995 vía a luz o primeiro disco da banda viguesa Killer Barbies. Baixo o título de “Dressed to Kiss”, en clara homenaxe tanto no título como na portada ao mítico “Dressed to Kill” dos Kiss, agochábase un dos mellores discos de punk dos 90. A forza e provocación no escenario de Silvia Superstar -xunto cos ritmos acelerados e as letras moi influenciadas polos cómics e o cinema de serie B e serie Z fixeron que o éxito da banda fora inmediato. Tal foi así que “Love Killer” foi elixida por unha compañía de bebidas como banda sonora da súa campaña por toda Europa, o que lle deu á banda o éxito a nivel internacional. Como soe ser habitual, o maior éxito da banda  non foi acadado na súa terra, senón que foi en Alemaña onde mais triunfaron.

O disco tiña 13 temas cantados en inglés nos que había tanto composicións propias como versións como a que fan do “Silly Thing” dos Sex Pistols, o “Kissin' cousins” de Elvis ou o clásico dos 60 “Then He Kissed me” de The Crystals. Toda unha mostra do que eran as influencias da banda. Outros temas propios como “Love Killer”, “Comic Books” ou “I Wanna Live in Tromaville” delataban o resto das súas paixóns en todos os garitos roqueiros ou non da época. 

A finais do ano pasado, co gallo do 25 aniversario da discográfica Subterfuge Records, Killer Barbies voltaron aos escenarios con moi boa acollida e soando coa mesma forza de sempre.  


Vídeo: Killer Barbies – Love Killer

Listaxe de temas
1. Love killer
2. You're a liar
3. Kiss mouth
4. I can hide
5. Kissing cousins
6. Will you love me
7. Comic books
8. I wanna live in Tromaville
9. Charlie Manson
10. Skulls
11. Then he kiss me
12. Elvis live!!
13. Silly thing

Comentarios