Volve o Poemagosto, con poesía e música, a Allariz

A terceira edición do Poemagosto, festival de poesía, levará a Allariz actividades para todos os públicos este sábado. Mercedes Peón e O Leo i Arremecághona porán o broche de ouro á xornada.

[Wikipedia] Mercedes Peón
photo_camera [Wikipedia] Mercedes Peón

Está a piques de comezar a terceira edición do Poemagosto, o festival que organiza a Fundación Vicente Risco en colaboración co Concello de Allariz. E é que a partir das 11h deste sábado, encetará o programa coa actuación de Ce Orquestra Pantasma, con animación para crianzas, no patio do Museo do Coiro.

A partir das 12.15h, Eli Ríos transmitiralles aos pequechos e pequechas o conto Marta e a Píntega e ás 13h, o escritor Anxo Angueira ofrecerá un recital con poemas de Rosalía de Castro. Aliás, a partir das 13.30h terán lugar a mostra de cantos de desafío e un concurso de regueifas.

Xa na xornada da tarde será a quenda do recital de poesía, en que participarán Rosalía Fernández Rial, Alba Cid, Gonzalo Hermo, Iolanda Zúniga, Carlos Rafael, Celia Parra Díaz, Lois Antón, Arancha Nogueira, Nuria Vil e Ismael Ramos.

O festival concluirá coas actuacións musicais, que se desenvolverán desde as 20.30h comezarán na carpa instalada no exterior do Festival Internacional de Xardíns de Allariz. Serán Mercedes Peón e a súa banda e o Leo i Arremecághona quen poñan fin á terceira edición do Poemagosto.

Comentarios