Volve Pardiñas cun repaso á música galega

Estamos ás portas dun dos máis veteranos festivais do país, que regresa con pregón de Mini e Mero e múltiples concertos entre os que destacan Banda Crebinsky, Anxo Lorenzo Band e Xabier Díaz.

bandacrebinsky
photo_camera Banda Crebinsky, unha das formacións presentes nesta edición de Pardiñas

Será do 5 ao 7 de agosto en Guitiriz.No menú musical de Pardiñas podemos atopar o IV Certame de Cantos de Taberna polos bares de Guitiriz, que terá lugar a sexta 5 de agosto, ou a XXIII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional, ademais de actividades circenses. 

E haberá ampla representación galega, con Bloquinho de Xermolos, Banda Crebinsky, Anxo Lorenzo Band e Liviao de Marrao o sábado 6, ademais dos andaluces Rarefolk. O domingo haberá obradoiro de batucada co Bloquinho, e concertos de Alvariza, Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, Fanfarria Taquikardia e os irlandeses Fullset. 

Comentarios