Volve Malandrómeda con dous discos debaixo do brazo

Logo de cinco anos de silencio discográfico, Malandrómeda volve con dous discos que sairán a finais de mes: “Os corenta e oito nomes do inimigo” e “Cada can que lamba o seu carallo”. 

malandromeda
photo_camera Malandrómeda

A data a anotar é o 26 de febreiro, cando o selo Matapadre poñerá en plataformas dixitais e físicas os dous novos traballos desta formación compostelá de referencia do hiphop galego. O single que veñen de publicar en forma de videoclip en Rockdelux é 'VHS do futuro'.

E o seu plan para presentar estes dous traballos non pode ser máis alternativo. O venres 26 sae á venda e o 27 saen “de chea” con eles. Trátase dunha ruta pola Zona Vella de Santiago, tocando un tema en cada un destes coñecidos establecementos da cidade: o Olvido, A Reixa Tenda, El Muelle,  Calpe, Miranda Discos, A Reixa Bar, Borriquita de Belem, Camalea, Resas, Fraggle Rock, O Pozo, Bar Tolo, Hervor&Fervor e Cachán.
 

Comentarios