As voces de Gonzalo Hermo e Andrew McMillan na última sesión invernal de Poetas di(n)versos

Un recital de poesía en galego e inglés con Gonzalo Hermo e Andrew McMillan.

hermo e andrw
photo_camera Hermo e McMillan.

Chega a última das sesións invernais de Poetas Di(n)versos. Será esta segunda feira, 18 de marzo a no Centro Ágora, coma sempre en horario das 20:30h. É un acto aberto e gratuíto . A habitual condutora do acto, a tamén fundadora e directora do ciclo Yolanda Castaño, non lerá nesta ocasión traducións propias, senón que as que trasladen os textos para o galego serán da autoría de Isaac Xubín.

O recital significará, explican desdea organización, unha exploración na sutil construción da masculinidade a mans de poetas mozos pero enormemente puxantes e xa recoñecidos nas letras galegas e británicas: Gonzalo Hermo e Andrew McMillan. Nados os dous a finais dos anos oitenta en Rianxo e Yorkshire do Sur respectivamente, afrontan a cuestión do xénero poñendo de relevo a educación heteropatriarcal e as súas imposicións.


Un dos nomes clave da nova poesía galega darase a man así coa auténtica revelación das letras británicas.

Comentarios