Sermos 236

A vixencia de Pondal cen anos após a súa morte

O 8 de marzo de 1917 falecía na Coruña Eduardo Pondal (A Ponteceso, 1835) o autor da letra do Himno. Con motivo do centenario da súa morte, analizamos a súa vixencia da man do estudoso Manuel Ferreiro e recompilamos as actividades programadas arredor do Ano Pondal. Deixamos un extracto da información publicada no Sermos Galiza 236.

Eduardopondal

“Pondal é o heavy, pero un rollo máis Monowar que Metallica”. O Leo i Arremecágonha di que esta é a maneira en que explica o Rexurdimento nas clases de Lingua e Literatura Galega en Secundaria, “Rosalía é poppy, Pondal é heavy e Curros, punky”. E por que o polifacético artista alude a Manowar? Por ser un grupo de heavy metal que abrangue frecuentemente temas épicos e mitolóxicos. O certo é que Pondal é un clásico en cuxos textos, aínda cen anos despois da súa morte, podemos recoñecernos.

2O profesor da UDC Manuel Ferreiro ten investigado e publicado múltiplos estudos arredor da figura e da obra de Pondal e do Himno nacional. Explica, en declaracións a Sermos Galiza, que o autor de Queixume dos Pinos “falaba para os seus contemporáneos, e faino exactamente igual para nós. A súa mensaxe e elaboracións poéticas seguen sendo fundamentais nestes momentos”. “Se lemos hoxe de novo Pondal cos ollos e o pensamento do século XXI, seguimos atopando as mesmas cuestións que falan tamén para nós: chamaba a levantarse contra a situación de abandono e desprezo do país naquel momento e dunha maneira semellante poderíamos facer hoxe o mesmo cos seus poemas”, afirma.

[Podes ler a información íntegra no Sermos Galiza 236, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]

Comentarios