DOCUMENTAL SOBRE O ABANDONO DA LINGUA NA INFANCIA

“Vivir en galego é moi difícil” 

“A lingua dos nenos” é un documental producido por Rinoceronte Editora que se achega, a través dun grupo de nais a pais, ao proceso de abandono do galego na infancia. VÍDEO NO INTERIOR. 

linguadosnenos
photo_camera Alfredo Ferreiro e Tati Mancebo

Dispoñíbel na rede está o documental “A lingua dos nenos”, producido por Rinoceronte Editora e dirixido por Uxía Piñeiro con realización de Carla Avión que reflexiona sobre o abandono da nosa lingua na infancia, en nenos e nenas que viven nun entorno familiar galego falante. A través de entrevistas con nais e pais, o documental amosa casos particulares de familias con vontade de educar aos seus fill@s en galego mais que asisten ao cambio da lingua, en maior medida ao se escolarizar. 

Pais e nais explican tamén as súas estratexias para que a xeración máis nova continúe ou mesmo regrese a súa lingua materna. O escritor e investigador Henrique Arguindey, un dos entrevistados, explica que o seu fillo volveu ao galego xusto despois dunha estadía fóra de Galiza. “Arríncanllela lingua”, afirma.  

“É moi difícil vivir en galego”, apunta Mar Hermida ao tempo que relata que en varias ocasións téñena parado para dicir “Y le hablas a los niños en gallego?”. “Cando se nos di ás persoa que falarmos galego que o galego se quere impoñer, comer o espazo do castelán, gustaríame que explicasen de que estamos a falar”, sinala Tati Mancebo. Ramiro Torres, Isabel Ferreiro, François Davó e a vicepresidenta da Mesa, Mónica Pazos. 

Comentarios