A Virxe do Cristal desaparece co asasinato do párroco que a custodiaba

A Virxe do Cristal non apareceu despois de que o párroco que a custodiaba Adolfo Enriquez aparecera asasinado na palleira da reitoría. A xoia artística que a literatura elevou a figura emblemática da nosa cultura puido ser roubada no asalto á casa do crego. 

O crego coa Virxe do Cristal na man
photo_camera O crego coa Virxe do Cristal na man

“Onte non estaba, hoxe están buscando”, din desde o posto da Garda Civil de Celanova a pregunta sobre o paradoiro da Virxe do Cristal, a pequena figura á que Curros Enríquez dedicara o célebre poema. O párroco Adolfo Enríguez, de 77 anos e párroco de Vilanova desde hai 45 anos, era coñecido en todo o país por ser o custodiador da imaxe e mostrala a excursións escolares e visitantes que se achegaban a Vilanova dos Infantes a contemplar a figura e outras xoias de valor incalculábel que atesoura o templo, das que aínda non transcendeu se foron tamén subtraídas como o Cristo románico do séxulo XII, unha peza única. 

Adolfo Enríquez apareceu morto cun golpe na cabeza despois de dous días sen que ninguén soubera del. Todo indica que o párroco foi asasinado e que o móbil puido ser o roubo ao aparecer a vivenda revolta. A Garda Civil de Celanova non confirma ningunha desaparición mais, en chamada telefónica, si sinala que onte a Virxe do Cristal “non estaba” mais que continúan na súa busca. O templo fora xa vítima de máis roubos nos últimos anos. 

Custodia da súa man

A custodia da Virxe do Cristal estaba ao completo da man de Adolfo Enríquez, que a agochaba nas dependencias da Igrexa ou mesmo a portaba na súa man desde a que ensinaba aos grupos que visitaban o templo de Celanova. 

Despois da aparición do corpo do párroco, as pesquisas se centraron na busca da Virxe do Cristal mais sen éxito. En principio, as persoas próximas procuraron no lugar onde Adolfo Enríquez gardaba a imaxe, de só 5 centímetros de altura,  mais sen éxito. A imaxe foi a protagonista do poema longo doutro ilustre veciño do concello, Manuel Curros Enríquez que escribiu o poema  de máis de mil versos “A Virxe do Cristal”. 

“A Virxe de Cristal” conta, de maneira poética a historia da aparición mítica da imaxe en 1630. É unha das composicións máis coñecidas de Curros que contribuíu a converter a imaxe nun referente literario, unha vez que o era xa relixioso, protagonista dunha multitudinaria festividade cada mes de setembro. 

Comentarios