Vintecinco cabodano de Díaz Castro

Hoxe venres 2 de outubro cúmprense 25 anos do pasamento do poeta chairego Xosé María Díaz Castro. E celébrano en Guitiriz cunha expo e un recital poético.

Díaz Castro
photo_camera Díaz Castro

A súa vila natal, Guitiriz, homenaxéao ofre cunha ofrenda floral no cemiterio ás 18 horas, ademais da inauración dunha exposición na igrexa dos Vilares ás 20h, para logo rematar cun recital poético no que participarán mozos e mozas poetas da comaraca. 

Díaz Castro (Guitiriz, 1914 – Lugo, 1990) foi un poeta e tradutor que foi homenaxeado co Día das Letras Galegas en 2014. O contacto co tamén poeta Aquilino Iglesias Alvariño no Seminario é o que o leva a comezar a escribir en galego. Só publicou unha obra en vida, 'Nimbos'.  Nun dos seus poemas máis coñecidos, "Penélope", reflexiona sobre unha Galiza que permanece durmida: “Un paso adiante i outro atrás, Galiza, / i a tea dos teus sonos non se move”. 

O crítico literario e autor dunha biografía do autor, Armando Requeixo, vén de publicar no seu blog unha entrada en lembranza do poeta. 

 

Comentarios