Localizan na comarca de Monterrei 22 novos xacementos e pezas arqueolóxicas

Sartegos,m castros, mámoas ou mesmo unha ara romana adicada a Xúpiter Optimo Máximo (IOM), entre os bens descubertos por Monterrei, Cultura e Patrimonio e Alto Támega.

2017 xan Espiño Andres Diz Dominguez (10)

A asociación cultural Monterrei, Cultura e Territorio, rexistrou na Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta unha lista de 22 “novos e inéditos xacementos arqueolóxicos”, localizados por membros desa asociación e da asociación Alto Támega. A finalidade é que sexan catalogados e incluidos no Inventario de Bens Patrimoniais de Galiza, así como nos distintos PXOM dos concellos afectados, “para garantir a súa conservación e protección legal”.

Os achados foron localizados por membros das seccións de historia e patrimonio de ambas as dúas asociacións, e localizados e comprobada a súa natureza patrimonial por Nieves Amado, arqueóloga e presidenta das AC, coa colaboración doutros membros como Héctor Salgado, Fernando Serrulla, Eduardo Castro, Andrés Diz ou X.R. Reigada.

Entre os novos achados hai, informan, tres novos castros, nos concellos de Cualedro, Monterrei e Oimbra; 8 novas estacións de arte rupestre nos concellos de Laza, Cualedro, Verín e Oimbra; 1 mámoa, a primeira que se localiza en Oimbra; 5 novos lagares rupestres en Cualedro e Oimbra; 2 minas romanas no concello de Laza; 1 altar rupestre de funcionalidade descoñecida en Oimbra; 1 sartego altomedieval no concello de Laza, e unha nova ara romana (fragmentada) adicada a Xúpiter Optimo Máximo (I.O.M.) no concello de Oimbra.

As fotos son de Andrés Diz Domínguez e Nieves Amado Rolán.

Comentarios