Vindel debería permanecer na Galiza

Imaxe do Pergameo Vindel. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Un aspecto do pergamiño

Desde o pasado 10 de outubro e até o próximo 4 de marzo o Museo do Mar acolle a exposición titulada Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas. Unha breve nota a modo de prólogo que abre o catálogo, asinada polo presidente da Xunta, cualifica o evento como “o proxecto expositivo máis importante” dos acometidos en 2017 para afirmar tamén que a mostra enraíza “na necesidade de afirmar a personalidade galega”.

Captura de pantalla (37)Cen anos antes, o 24 de febreiro de 1917 a Gaceta de Galicia dá conta dos traballos de Oviedo Arce, publicados na Boletín da RAG, sobre o pergamiño encontrado uns anos antes. O autor da columna, que asina A.R.E., recoñece o valor simbólico do achado, moito alén do económico, e pide que se compren “esos trozos de pergamino que hoy posee el Sr Vindel y que contien el genuino Martín Codax” seguindo o exemplo do Estado Alemán que para reunir as obras de Hugo Van der Goes pagou unha millonada polo Retábulo de Monforte, finalmente adquirido en 1913 e trasladado a Alemaña.

Porque o aprezo e a estima polo propio é o que dá fe do verdadeiro patriotismo. Por iso, di a Gaceta “debiera venir a la posesión de Vigo” para aquí gardalo e conservalo.

Este texto viu a luz no Sermos 282

Comentarios