"Vikingland” de Xurxo Chirro, premio no Festival de Cine Lima Independente

O documental “Vikingland” de Xurxo Chirro resultou gañador do premio da crítica do Festival Internacional de Cine Lima Independente. 

Vikingland
photo_camera Vikingland

O Festival de Cine Lima Independente pechou a súa edición cun palmarés no que aparece a película galega “Vikingland”, de Xurxo Chirro. O filme foi recoñecido co premio da crítica internacional nun certame no que o máximo galardón foi para a arxentina “P3ND3JO5” de Raúl Perrone. 

O traballo experimental de Xurxo Chirro construído a partir das cintas gravadas na travesía dun ferry por un mariñeiro que mercara unha videocámara ten xa no seu haber un amplo percorrido por festivais tanto do país como internacionais. Especial suceso tivo no Play Doc e no Festival Márgenes nos que se fixo co premio ao mellor filme. O caderno de bitácora audiovisual que atopou no arquivo persoal do mariñeiro achéganos á vida na mar na travesía que vai da illa danesa de Romo á alemana de Sylt. 

Vikingland de Xurxo Chirro foi tamén seleccionada por un dos críticos da prestixiosa Cahiers Du Cinema como unha das dez mellores películas O filme fora tamén seleccionado entre 3000 películas para o prestixioso festival de Marsella-o máis importante do mundo para documentais- no que se estreou diante de directores de festivais, programadores e críticos. Desde Marsella, o filme de Chirro ten pasado por unha ducia de festivais de todo mundo, de Chequia a Arxentina, de Brasil a Inglaterra.

Comentarios