O VII Día das Galegas nas Letras para Inma Antonio

Inma António. Foto AAAG
photo_camera Inma António. (AAG)

O Día das Galegas nas Letras é unha celebración organizada pola plataforma de crítica literaria A Sega[1] que honra anualmente a mulleres que contribuíron de forma sobranceira á cultura en xeral e á literatura en particular como "Señora das Letras".

Comezou a organizarse no ano 2014, dedicándollo a  Dorothé Schubarth. Desde entón, foron homenaxeadas María Victoria Moreno, María Xosé Queizán, Patricia Janeiro, Marica Campo e Xela Arias.

Este ano súmase a esa lista a dramaturga e actriz Inma Antonio. Como actriz participou en obras da Compañía Luís Seoane, Teatro do Noroeste, Centro Dramático Galego e Produccións Librescena. Entre as súas obras, ‘As águas mudas’, ‘Era nova e sabia a malvaísco’, ou ‘A ciencia dos anxos’, premio Rafael Dieste en 2003.

Comentarios