Vigo acolle desde esta sexta feira a nova edición do Galician Freaky Film Festival

Festhome poderase ver lexendada ao galego.
Fotograma de 'Sweet Mary, where did you go?'. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Fotograma de 'Sweet Mary, where did you go?'. (Foto: Nós Diario)

Do 23 de setembro ao 1 de outubro, a cidade de Vigo acollerá a sexta edición do Galician Freaky Film Festival. En total, proxectaranse 46 longametraxes internacionais, procedentes de Chile, Francia, Reino Unido, Australia e Rusia, entre outros países.

"A programación [do festival] constitúe unha escolma significativa dos traballos de cinema underground máis abraiantes producidos no mundo recentemente e unha oportunidade única para velos na Galiza en pantalla grande", salienta a organización do festival.

Destas 46 películas, 19 non foron proxectadas nunca antes no país, cinco son estreas no Estado español e dúas en Europa. Entre as longametraxes que se poderán ver nesta edición do Galician Freaky Film Festival, a organización do certame destaca Hideous, de Yann González (Reino Unido, 2022), "un filme musical que constitúe unha viaxe surrealista de amor, vergoña e sangue"; T'es morte Helene, de Michiel Blanchart (Francia 2020) "un macabro relato sobre un mozo perseguido pola pantasma da súa exmoza"; Affairs of the art, de Joana Quinn (Canadá, 2021), "curta de animación nomeada aos Premios Óscar que amosa o excéntrico pasatempo dunha entrañábel familia: a taxidermia de mascotas"; Brutalia, days of labour, de Manolis Mavris (Grecia, 2021), "unha crúa metáfora da sociedade actual a través da vida dunha abella nunha colmea"; e Guts, de Chris McInroy (Estados Unidos, 2021), que "conta a hilarante situación dun tipo coas tripas por fóra do seu corpo que quere un ascenso".

En total, os 46 filmes estarán repartidos en oito categorías, nas que poderán optar aos premios do público e do xurado. No caso do premio do público, este escollerase grazas a un "aplausómetro", que recollerá o ruído que haxa nas salas de proxección ao remate de cada película.

En canto ao xurado, estará composto por Javier Camino, director do filme gañador en Sitges, Jacinto; Jorge Saavedra, "freak de profesión, director de cine e series e voraz consumidor de audiovisual, novela fantástica, xogos de mesa e videoxogos"; e Pedro Souto, director, programador e fundador do festivaFestival Internacional de Cine de Terror Motelx de Lisboa (Portugal).

Comentarios