Un vídeo-poema de Iolanda Gomis, a votación entre os doce finalistas dunha mostra brasileira

Un video-poema da galega Iolanda Gomis é un dos doce finalista da Mostra Londrix 2013 Video-Poema da cidade de Londrina, no Paraná do Brasil. A través da rede pódese votar por “Filha das acácias” até o 1 de novembro 

Iolanda Gomis
photo_camera Iolanda Gomis

Por segunda vez, un video-poema da galega Iolanda Gomis está na selección final da Mostra Londrix 2013, a competir no concurso que se resolve por unha votación a través da rede. Para participar na votación, ao seren residentes na Galiza compre marcar antes na opción «não sou brasileiro» no site do Jornal de Londrina. 

Ao dizer da autora, “Filha das acácias” desexa ser un “canto á comunicación entre Galiza e Brasil como espazos próximos na lingua e na cultura. Un canto á comunicación entre pobos desde unha perspectiva inmensa na identidade galega voltada para a súa universalización”. 

Canda a poeta de Ferrol, Iolanda Gomis, participan na equipa técnica da videocreación Mariana Zitare, cunha traxectoria de dez anos no mundo do teatro en Arxentina, Rocio Mello de Brasil e Rodrigo Zitare como editor do vídeo.

Comentarios