Unha vía irlandesa para a poesía galega

Yolanda Castaño ou María do Cebreiro en tradución ao inglés
Keith Payne headshot 3
photo_camera O poeta e tradutor irlandés Keith Payne.

"The whole sky is hunched. An intransitive thirst. // Talking a foreingn language / is like wearing borrowed clothes. // Helga confuses the words for land and landscape / (who would you be in another language?)". Escribe Yolanda Castaño pero a roupa empréstalla o tradutor e tamén poeta Keith Payne. Así o explican o segundo e o terceiro verso deste poema: "Falar nunha lingua allea / parécese a poñer roupa prestada". Listen and repeat: un paxaro, unha barba pertence ao libro A segunda lingua (Fundación Novacaixagalicia / Centro PEN, 2014), cuxa versión inglesa publícase agora na prestixiosa editorial Shearsman Books.


"Yolanda Castaño escribe poemas de amor que non son lacrimóxenos. O seu amor pertence a misteriosos descoñecidos de diferentes países e linguaxes. Ela nunca é pedante", afirma o poeta polaco Adam Zagajewski na contracapa do volume, "os poemas de Yolanda Castaño son como champán". Second Tongue [A segunda lingua] é a súa última obra e, á vez, a última peza da ponte que o irlandés Keith Payne está a construír entre a poesía galega e o mundo anglosaxón, collendo o testemuño de xente como a profesora Manuela Palacios. Payne encargouse antes da versión inglesa d'O deserto (Apiario, 2015) de María do Cebreiro, tamén en Shearman Books o pasado ano, da de Diario de Crosses Green (Faktoría K, 2016) de Martín Veiga en Francis Bottle Publishers en 2018, e da antoloxía da propia Palacios Six Galician Poets (Arc, 2016).

A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

Comentarios