martes 31.03.2020

Vía Galega lanza unha peza audiovisual que reflicte o drama da migración

No vídeo trátanse as consecuencias da emigración da poboación galega e "como a falta de capacidade de decisión influe neste drama social".

Acto de Vía Galega denunciando que "non emigramos, expúlsannos". (Foto: Nós Diario).
Acto de Vía Galega denunciando que "non emigramos, expúlsannos". (Foto: Nós Diario).

Enmarcado dentro da campaña Galiza nación: un pobo con dereitos, Vía Galega vén de lanzar no día de hoxe unha peza audiovisual que reflicte as consecuencias da emigración da poboación galega e como a falta de soberania influe neste drama social baixo o título Non emigramos, expúlsannos.

"Non pode ser que neste século XXI sigamos a padecer a emigración de miles e miles de persoas. Na última década 216.000 persoas con idades entre os 16 e 54 anos tiveron que marchar de Galiza para atopar traballo noutras terras, segundo os datos do Instituto Galego de Estatística.

No caso dos menores de 30 anos que tiveron que deixar o país, son 80.000 mozos e mozas na última década, co que iso significa desde o punto de vista social, familiar e individual", denúncian desde Vía Galega.

Nos últimos meses, esta plataforma ten desenvolvido diferentes accións e iniciativas en torno a esta cuestión. Desde mocións até medio cento de concentracións noutos tantos concellos da Galiza. Vía galega considera que a emigración continúa a ser un dos graves problemas do país e que cómpre que as diferentes administracións asuman a importancia de revertela. 

comentarios