Que facer?

O VI Chanfaina Lab arranca esta fin de semana en San Sadurniño

chafainalab
photo_camera Participantes nunha edición anterior do Chanfaina Lab

Presenza portuguesa no Escenas do Cambio

Compostela

Diversos espazos

Até o 16 de febreiro

20.30h

O Festival Escenas do Cambio decorrerá na Cidade da Cultura, entre os días 7 e 16 de febreiro, cun total 17 espectáculos de compañías procedentes de 7 países. Representando o país luso achegaranse a coreógrafa portuguesa Vera Mantero (7 de febreiro), as artistas Ana Borralho & João Galante (14 de febreiro) e a francesa, con residencia e traballos en Portugal, Flora Détraz (15 de febreiro).

 

Mofa e Befa

Carballo

Pazo da Cultura

Sexta feira

21.00h

Estarán cos seus "Cranios privilexiados" nos Venres Culturais, para festexar co público o seu 25 aniversario.

 

Paloma Suanzes, cantautora

Outeiro de Rei

Casa Museo Manuel María

Sábado

Verbas de Auga é o espectáculo que a cantautora Paloma Suanzes presentará o sábado 9 de febreiro na Casa Museo Manuel María, en Outeiro de Rei. Será ás oito do serán e con entrada de balde. Suanzes aproveitará a cita co público para ofrecer cancións do seu vindeiro disco, xa no estudo.

 

VI Chanfaina Lab

San Sadurniño

Casa da Cultura

Sábado

Arranca a sexta edición do encontro de creación audiovisual Chanfaina Lab coa proxección dun total de 23 pezas con distintas duracións e tamén temáticas, aínda que sempre co nexo común do territorio local. O programa da tarde na Casa da Cultura, en San Sadurniño, comeza ás cinco coa presentación de cada peza por parte dos seus autores e autoras. A partir da estrea as pezas vanse ir subindo canle de youtube do proxecto a razón dun filme cada sexta feira.

 

Nao + Grilo, en concerto

Pontevedra

Sala Karma

Sábado

21.30h

Nao estará na Sala Karma presentando o seu último traballo, “Ata que o lume se apague Tour”, xunto coa banda santiaguesa Grilo.

 

Trinta lumes, de Diana Toucedo

Compostela

Númax

Sábado

15.45

Contarán coa presenza da cineasta Diana Toucedo acompañada por Alba Arias e Margarita Ledo para presentar o filme e manter un pequeno coloquio co público.

 

1º Encontro de Música Tradicional "Fogar de Breogán"

Moaña

Auditorio de Quintela

Sábado

19.30h

Festival cos gaiteiros da A.F. Breogán de Moaña, Os Terribles de Donas e Cans de Palleiro (Bembrive).

 

Baobab Teatro

Carballo

Pazo da Cultura

Domingo

18.00h

Ofrecerá un espectáculo infantil cargado de tenrura e simbolismo, música en directo e os monicreques como protagonistas.

 

Sumrrá

Compostela

Casa das Crechas

Domingo

20.30h

A mítica banda de jazz Sumrrá alcanza os 100 domingos de residencia artística na Casa das Crechas nun encontro imperdíbel.

 

Concerto singular

Ribadeo

Auditorio Municipal Hernán Naval

Domingo

17.30h

Espectáculo a cargo da compañía Píscore, catro prestixiosos músicos cun xeito orixinal, divertido e impresionante de facer música para un público de todas as idades.

Comentarios