Versos do pintor Manuel Ruibal

A cuarta feira 30 de outubro preséntase en Pontevedra a antoloxía Poesías, contos, aforismos do pintor Manuel Ruibal, editada pola Fundación Cuña-Casasbellas.

Pintura de Manuel Ruibal
photo_camera Pintura de Manuel Ruibal

Con motivo da segunda xornada do XV Brumario Poético, terá lugar en Pontevedra a presentación da obra Poesías, contos, aforismos, editada pola fundación Cuña-Casasbellas, sobre a figura e a obra literaria de Manuel Ruibal. O acto transcorrerá no Teatro Principal ás 20:15 h, con entrada de balde até completar aforo. Ademais do autor, recitarán textos Miguel Ángel Cuña (autor do prólogo), Ana Corzo e Moshelem Mojo, coa intervención musical de María do Carme Galego (violín) e Maurizio Polsinelli (piano).

Manuel Ruibal

Nado en 1942, Manuel Ruibal expuxo en Murcia por primeira vez cun éxito inesperado. Retornou daquela a Galiza e comezou a participar en exposicións colectivas por todo o mundo, gañando a boa opinión da crítica. A súa pintura de paisaxes evoluciona cara ao xestualismo máis esquemático na década dos oitenta, simplificando co tempo a súa concepción plástica até volverse máis abstracta, manchas etéreas no espazos.

Comentarios