Verín debulla o pasado da gaita

O programa “Verín, enclave de gaita” inclúe concertos, actividades didácticas e exposicións.Mostraranse pezas restauradas do século XVII claves para a historia deste instrumento.

verin gaita

Os estudos de Xosé Lois Foxo e Ruth Foxo sobre a gaita primitiva e as primeiras representacións artísticas completas da figura do gaiteiro sitúan Verín como un enclave fundamental na historia deste instrumento. Unha localidade que nestes días acolle un programa de diferentes actividades en torno á gaita. Exposicións, concertos e conferencias articulan o programa.

Dúas pezas orixinais do século XVII do Santuario de A Nosa Señora dos Remedios de Vilamaior do Val relacionadas con este instrumento erecentemente restauradas serán expostas por primeira vez ao público no museo do Claustro Mercedario de Verín. Ademais, o museo acollerá algunhas das pezas máis importantes da gaita primitiva e das reproducións escultóricas da colección de Xosé Lois Foxo.

A gaita é un fenómeno planetario que se manifesta de diversos xeitos en todas as culturas do mundo, asegura Foxo, director da Real Banda de Gaitas. Baixo esta premisa ocupou a súa vida afondando no estudo da evolución da gaita primitiva dende o século VI – mediante a representación do Pórtico do Paraíso, canecillos e esculturas de moitas igrexas - . Agora, este estudo condensase na obra “Verín, en clave de gaita” realizada baixo a dirección da súa filla, Ruth Foxo, que o Concello de Verín edita con motivo desta exposición.

O Museo Claustro dos Mercedarios inaugurará esta terza feira, 6 de agosto, a exposición “Verín, enclave de gaita” como froito da colaboración entre o Concello de Verín, a Escola Provincial de Gaitas de Ourense e o Bispado de Ourense.

Comentarios