Que facer?

"Os vellos non deben namorarse" e "Eroski Paraíso", pratos fortes para abrir a finde

A oferta teatral ponse moi en destaque na listaxe de propostas desta finde. Os espectáculos de Teatro Mórcego e Chévere -Os vellos non deben namorarse e Eroski Paraíso- son dos que fan afeizón ás artes escénicas. Ambos póñense en cena esta mesma sexta feira, en Pontevedra e Boiro, respectivamente. Mais a cousa non acaba aí. Pasen e vexan.

Os vellos non deben de namorarse. Teatro do Morcego.
photo_camera Un momento de Os Vellos non deben de namorarse

Sexta feira

Os vellos non deben de namorarse

Pontevedra

Pazo da Cultura de Pontevedra

21.00h

Teatro do Morcego pon en escena a obra de Castelao, Os vellos non deben de namorarse, a adaptación dunha farsa que trata dos amores de tres vellos imprudentes.

Festival de Curtametraxes 

Santiago de Compostela

Arranca o Curtocircuíto 2016, Festival Internacional de Cine de Santiago de Compostela, con performances, concertos, obradoiros, workshops, filmes, talleres, conferencias, etc. Na segunda feira, 3 de outubro, proxectan Excursões, (Portugal) e O passaro da noite (Portugal); o 4 de outubro Mata Atlántica (Brasil); e 7 de outubro NYC 1991 (Portugal).

Monólogo

Carballo

Mesón do Pulpo

23.55h

Humor á galega, un espectáculo de Manuel Manquiña cargado de retranca e ironía centrado en temas de actualidade como a corrupción. 

Teatro Infantil

Teo

Auditorio do Centro Sociocultural da Ramallosa

19.30h

Educateatro Producións propón unha divertida adaptación musical do clásico Carapuchiña Vermella, para o público infantil. 

Grupo Chévere

Boiro

Casa da Cultura Ramón Martínez López

21.00h

Coa obra Eroski Paraíso, un diálogo xeracional que afonda nas transformacións da sociedade galega durante as últimas décadas. 

Sexta feira e sábado

V Festival das Brétemas

Ponteareas

Praza da Feira Vella

18.00h

Xirando arredor de corpos e sexualidades, o festival conta coa presentación de fanzine Netas do estraperlo, proxección de documental, palestra e  concertos.

Toda a fin de semana

Exposición Tutti Frutti

Santiago de Compostela

Colexio de Fonseca

Fica aberta até o 15 de outubro.

Tutti Frutti: gráfica popular e diversidade cultural é unha exposición de fotografía que recolle expresións de gráfica popular realizada en diferentes lugares do planeta. Unha ollada ao pasado máis recente para reflexionar e mostrar a riqueza da diversidade cultural e popular. Pode visitarse en horario de segunda feira a sábado de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.

Castrelos, 800 anos de arte románica

Vigo

Espazo Emao

Fica aberto até o 14 de outubro.

19-22.00h

Exposición que propón unha reflexión arredor do patrimonio cultural galego, centrada na igrexa románica de Castrelos para que sexa recoñecida e valorada pola cidade. 

San Froilán 

Lugo 

Praza de Santa María 

As festas decorren até o 5 de outubro.

20.30h

Indie-folk, punk-rock e blues da man destas catro formacións galegas para festexar o San Froilán: Caxade, Familia Caamaño, Arrythmia e Conducto Coloquio. 

Comentarios