«O veleiro verde» de María Fumaça arriba ás librarías

A locomotora de María Fumaça volve con máis flow, rock rebelde e Ruiguetón. O novo libro-disco chámase O veleiro verde e aporta no Culturgal o domingo 1 de decembro.

maria fumaça
photo_camera Maria Fumaça

O tren de María Fumaça estrea novos temas en O veleiro verde, cunha «evolución lóxica nun proxecto vivo e en constante movemento», que con todo se mantén fiel aos valores da súa orixe.

Portada de «O veleiro verde», de María Fumaça (Galaxia / Soárbore)Cantigas que protestan alto e forte contra os preceptos «de non respectar a inclusión, a igualdade de xénero e o dereito a medrar nun planeta vivo, verde e con futuro», afirman desde o proxecto.

A dirección musical continua a cargo do brasilego Sérgio Tannus, encargado tamén da edición e as mesturas. As ilustracións de Pablo Pastor retratan o novo rumbo musical das cancións de Chus Domínguez, amadriñadas por Uxía Senlle, quen asina O veleiro verde que dá título á nova entrega deste grupo literario-musical.

O álbum chega con colaboracións de luxo como o actor e humorista Carlos Blanco, Ico (O Sonoro Maxín), guionista e director do Festival de Cans Alfonso Pato ou o colombiano A.K.A Moreno (Magín Blanco).

O traballo preséntase cun concerto no Culturgal o domingo 1 de decembro.

Comentarios