Unha veciña atopa en Ponte Caldelas un colgante de cabaleiría da época medieval

A peza, feita en bronce dourado e con esmalte de cores, ten a forma dun cabaleiro alado, con espada en alto e escudo. Posúe un extraordinario valor tanto polo seu estado de conservación, como polo tamaño e riqueza de técnicas e materiais con que foi feita

colgante

Maica Juncal, veciña de Ponte Caldelas, descubriu durante un paseo polo Castelo de Caldevergazo un colgante de arnés de cabaleiría de época medieval, que entregou ao Concello de Ponte Caldelas e, co asesoramento do arqueólogo Alberte Reboreda, decidiron depositala na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galiza en tanto se informaba á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.
 

A peza, feita en bronce dourado e con esmalte de cores, ten a forma dun cabaleiro alado, con espada en alto e escudo. Posúe un extraordinario valor tanto polo seu estado de conservación, como polo tamaño e riqueza de técnicas e materiais con que foi feita, polo espectacular do motivo e por ser a mellor das cinco da súa categoría descubertas en Galiza ata o de agora.


A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galiza, creada en 1991, é un centro oficial dependente da Xunta e o único no noso país que imparte o Título Superior en Conservación e Restauración de Bens Culturais, equivalente a todos os efectos ao Grao Universitario.

Comentarios