De Vacas, a(s) Rosalía(s) e a Revolta Feminista do 8M

O cuarteto toma o coñecidisimo 'Malamente' da Rosalía (a outra) para cunha estética e letras do rexurdimento rosalián (da nosa) ofrecer ás portas do Día da Muller Traballadora 'Rexurdimente'. Vídeo no interior.

'As Rosalías inspiran!'. Así o afirman De Vacas, o cuarteto galego que leva uns anos poñendo patas arriba a música galega e que agora, ás portas do 8M, vén de publicar nas redes sociais 'Rexurdimente', o encontro entre Rosalía (a nosa) e Rosalía (a outra) en base a 'Malamente'.

Como elas propias escriben no seu Facebook: “Rexurdimente das vacas e revolta feminista, con Rosalía á cabeza. Hoxe lembrámola pra mañá facer folga con vós. Levamos un tempo traballando nesta homenaxe, con este traxe garaxe personaxe. Agardamos que desfrutedes da escoita igual que nós facéndoa... non tanto polo que vale, senón polo que significa. Avoas, nais, irmás, amigas, e a colaboración dunha tremenda personalidade xitana, forte e libre, como a de Lorena. Grazas infinitas”.

Comentarios