Uxía, Premio Meendinho por ser ponte coa Lusofonía

A Fundaçao Meendinho vén de premiar a cantora galega no Día Internacional da Lingua Portuguesa. 

uxia
photo_camera Uxía [Foto: Isabel Leal]

A Fundaçom Meendinho fixo público o acordo unánime de concederlle este premio a Uxía "por ser unha das voces máis fantásticas do panorama musical galego, con longa carreira ben comprometida de sempre coa sua lingua e o seu pobo". 

Valoran o seu traballo "como unha das mellores construtoras de pontes e de excelentes estradas de comunicación entre o universo musical da nosa lingua lusófona" e salientan en concreto o festival Cantos na Maré

Pero, sobre todo, desde esta institución valoran o traballo de Uxía "como unha das mellores construtoras de pontes e de excelentes estradas de comunicación entre o universo musical da nosa lingua lusófona, en todos os seus recantos planetarios". En concreto, recoñecen o seu traballo no festival Cantos na Maré, que definen como "proxecto de alta enxeñaría humana", que é "absolutamente impagábel pola interacción química entre os músicos que van participando, que resultan nun proceso transformador de persoas e percepcións".

A Fundaçom Meendinho, que preside Alexandre Banhos, ten recoñecido anteriormente outras persoas e proxectos, como as escolas Semente en 2016 ou a Academia Galega da Lingua Portuguesa en 2010.

Comentarios