Uxía inaugura o ciclo “Cantigas de Mulleres”

Con repertorio do seu “Meu Canto” e con Sés como convidada, Uxía bota a andar o Ciclo “Cantigas de Mulleres” no Teatro Principal de Compostela.
Uxia
photo_camera Uxia

Algúns dos principais nomes femininos da música galega pasarán polo ciclo “Cantigas de Mulleres” que terá lugar no Teatro Principal de Compostela, inspirado no disco do mesmo nome con dirección artística de Uxia. Guadi Galego, Mercedes Peón, Sonia Lebedinsky, Rosa Cedrón, María Manuela, Malvela ou a propia Sés son algúns dos nomes das intérpretes que se recollen no disco editado por Fol Música.

Será a propia Uxía a que inaugure o ciclo coa compaña de Sés o próximo venres día 15 no Teatro Principal de Compostela. No concerto, Uxía interpretará repertorio do seu disco “Meu Canto” co que conmemorou os seus vinte e cinco anos de carreira artística. Temas de toda a súa traxectoria xunto con outros novos compoñen este traballo que recibiu, entre outros o recoñecemento como Mellor Álbum de Raíz nos Premio da Música Independente.

Comentarios