Uxía gaña o premio da Música Independente ao mellor álbum galego

O disco en que Uxía recrea os poemas de Uxío Novoneyra fíxose esta cuarta feira 14 de marzo co premio ao mellor álbum en galego concedido pola Unión Fonográfica Independente. Uxía-o impúxose nesa categoría dos Premios da Música Independente do Estado ao folk de Habelas Hainas e Os d'Abaixo e mais ao indie pop de Esposa e Atrás Tigre.
 

Uxía
photo_camera A cantante Uxía.

Os poemas do autor dos Eidos (1955) vense sometidos por Uxía a singulares tratamentos reggae, ragtime, alalá ou muiñeira. Un experimentado conxunto de músicos, comandado polo seu habitual guitarrista Sérgio Tannus, acompáñaa: Quim Farinha, Isaac Palacín, Santi Cribeiro, Ana Isabel Dias e José Manuel Díaz.

"Quería que a visión sobre a poesía de Novoneyra fose o máis actual e universal posíbel", explicaba a intérprete antes da estrea en directo do traballo, o pasado setembro no Teatro Colón da Coruña.

Comentarios