Ute Lemper homenaxea a Neruda en Compostela no ciclo Son´14

A cantante alemá Ute Lemper traerá a Compostela a súa homenaxe a Pablo Neruda no marco de Sons´14 nun concerto que terá lugar o día 14 de febreiro. Dorian Wook, Sumrrá, Kepa Junquera, Andrea Motis, Lara Bello, Pablo Seoane Trío, Sondeseu, Roi Casal, Nach, Fanfare Ciocarlia, Amancio Prada e o proxecto CoraSons completan o ciclo. 

Ute Lemper
photo_camera Ute Lemper

A cantante alemá presentará en Compostela o seu novo disco, 'Forever: the love poems of Pablo Neruda' no que unha das voces internacionais máis recoñecidas homenaxea ao poeta chileno. O concerto terá lugar no Auditorio Novagalicia Banco o próximo 14 de febreiro dentro do ciclo Sons´14 que ofrece trece novos espectáculos musicais nesta tempada. 

Dorian Wood abrirá o ciclo co seu novo disco “Rattle Rattle” o próximo 24 de xaneiro no Teatro Principal, espazo que acollerá o día un de febreiro a presentación de “Galiza” de Kepa Junquera, acompañado de formacións e artistas da Galiza que participan no seu novo traballo. Coral será tamén a presentación de CoraSons o 12 de febreiro, o proxecto ideado por Uxía e publicado por Kalandraka que reúne tamén un amplo grupo de creadores e creadoras. 

Con máis de cincuenta músicos e músicas no escenario, Sondeseu levará tamén a Compostela o seu novo disco “Danzas brancas” en marzo para, en abril, coñecer o último traballo de Roi Casal. 

O alacantino Nach, o día 5 de febreiro, os romaneses Fanfare Ciocarlia o día 2 de maio na Sala Capitol e Amancio Prada con “A Rosalía de Federico” o día 16 de maio inclúense tamén no ciclo Sons´14 promovido polo Concello de Compostela. Sumrrá, Andrea Motis&Joan Chamorro Group, Lara Bello e Pablo Seoane Trío compoñen a sección de jazz do ciclo Sons. 

Comentarios