A Universidade que nace nas escolas rurais e ten “sementes” como títulos

As escolas rurais vólvense Universidade en Barreiros. O Colectivo Ollomao imaxinou unha universidade nas aldeas, con cursos de formación que se imparten nas escolas rurais e títulos que se chaman “sementes”. Bota a andar o próximo 21 de outubro. 

Unirural
photo_camera Unirural

Son escolas en lugar de facultades, sementes no canto de Graos. Así é a Universidade Rural de Barreiros, un proxecto formativo para as aldeas que promove o Colectivo Ollomao e apoia a Deputación de Lugo a través das súas áreas de Cultura e Vicepresidencia. 

Os cursos, a formación, non teñen que ser só privilexio do mundo urbano, no rural hai espazos como os edificios das antigas escolas rurais que poden ser a base dunha rede de centros de formación. Desta idea partiron en Ollomao á hora de deseñar o proxecto que neste es de outubro se iniciará cun plan piloto. “Dar vida aos pequenos núcleos rurais e “motivar” ás veciñas e veciños a que se despracen para participar nas actividades e utilizar as escolas rurais para o ensino, a transmisión de coñecementos, a alfabetización”, recóllese no proxecto no que se contempla un catálogo de cursos que non está, habitualmente, ao alcance do mundo rural. 

Barreiro terá universidade e o alumnado á que se dirixe é, en primeiro lugar, os seus propios veciños do rural. “Recuperar o uso das escolas rurais e aproveitar o capital intelectual das e dos veciños de Barreiros e achegar o rural un catálogo de cursos que polo xeral só se imparten na cidade”, sinalan desde Ollomao dun proxecto que contempla cinco áreas de formación ou sementes: Enxeñería do Medio Rural, Ciencias da Saúde, Xornalismo e Opinión Pública, Ciencias Sociais, Xurídicas e Económicas e Produción Artística e Publicidade. 

Os espazos serán as propias escolas rurais, que en Barreiros hai 13 espallados por 8 parroquias do concello. Os edificios terán así novo uso acaído a súa propia historia no ámbito educativo. “Os proxectos grandes soen ter a súa orixe en sitios pequenos e de colectivos pequenos”, afirmou o vicepresidente Antonio Veiga na presentación dun proxecto que para o responsábel da Área de Cultura, Mario Outeiro é “se cadra o proxecto cultural e educativo máis importante dos últimos tempos no rural lucense pola clara aposta pola democratización da cultura”. 

A presidenta do Colectivo Ollomao, Tamara Rubiños anunciou tamén que botarán man das “potencialidades das persoas veciñas de Barreiros, e doutras localidades do arredor, que acadaron un nivel de ensino superior e/ou universitario e dispoñen de capacidade académica suficiente para poder transmitir os seus coñecementos a aquelas persoas non formadas nos mesmos”.

Para se inscribir compre dirixirse ao correo [email protected]. Do 21 ao 25 de outubro desenvolverase a semana de portas abertas na que se poderá experimentar nas distintas sementes.

Son escolas en lugar de facultades, sementes no canto de Graos. Así é a Universidade Rural de Barreiros, un proxecto formativo para as aldeas que promove o Colectivo Ollomao e apoia a Deputación de Lugo a través das súas áreas de Cultura e Vicepresidencia. 

Os cursos, a formación, non teñen que ser só privilexio do mundo urbano, no rural hai espazos como os edificios das antigas escolas rurais que poden ser a base dunha rede de centros de formación. Desta idea partiron en Ollomao á hora de deseñar o proxecto que neste es de outubro se iniciará cun plan piloto. “Dar vida aos pequenos núcleos rurais e “motivar” ás veciñas e veciños a que se despracen para participar nas actividades e utilizar as escolas rurais para o ensino, a transmisión de coñecementos, a alfabetización”, recóllese no proxecto no que se contempla un catálogo de cursos que non está, habitualmente, ao alcance do mundo rural. 

Democratizar o ensino

Barreiros terá universidade e o alumnado á que se dirixe é, en primeiro lugar, a propia veciñanza do rural. “Recuperar o uso das escolas rurais e aproveitar o capital intelectual das e dos veciños de Barreiros e achegar o rural un catálogo de cursos que polo xeral só se imparten na cidade”, sinalan desde Ollomao, dun proxecto que contempla cinco áreas de formación ou sementes: Enxeñería do Medio Rural, Ciencias da Saúde, Xornalismo e Opinión Pública, Ciencias Sociais, Xurídicas e Económicas e Produción Artística e Publicidade. 

Comentarios