VOLVER ESCOITAR...

Unión Bravú. Ed. Do Cumio. Varios Artistas

Voltando a vista atrás, 20 anos despois da súa edición, temas como “Tratorada” de Os Rastreros ou “Platinos” de Os Diplomáticos, convertéronse en auténticos clásicos.

Bravú

Após da xuntaza de Viana e o seu manifesto, o Bravú comezaba a tomar forma como movemento organizado e as diversas iniciativas saían a luz. Unha delas foi o recompilatorio “Unión Bravú”, editado por Edicións do Cumio e que viña acompañado dun libreto. Se ven as 12 bandas teñen estilos musicais distintos que van dende o Ska ao Punk pasando polo pop-rock, o disco forma un todo perfecto unido polo espírito Bravú que enche o disco. 

Voltando a vista atrás, 20 anos despois da súa edición, temas como “Tratorada” de Os Rastreros ou “Platinos” de Os Diplomáticos (este tema tamén aparecía no seu primeiro disco Arroutada pangalaica), convertéronse en auténticos clásicos.  Tanto estas dúas bandas como outras coma Os Papaqueixos, ou O Caiman do Río Tea seguen en activo, outras como Kaos, tiveron que mudar de nome por existir unha banda chamada igual e agora chámanse Soak, e outras como  os estradenses Xenreira ou O Skornabois desapareceron. Maís aquí quedan 12 para a historia, 12 temas que falan do nacemento dun movemento imparábel que goza de moi boa saúde: O Bravú,


Listaxe de temas
1.- Os Papaqueixos - Matías, o Morcego
2.- Bochechiñas - Crooner
3.- Xenreira - Presente!
4.- Rastreros - Tratorada
5.- Os Skornabois - A Nova Fifi
6.- Os Diplomáticos de Monte Alto - Platinos
7.- Pinto de Herbón - Nitramón 15,15,15
8.- Kaos - Galiza Morta ¡Non!
9.- Os Impresentables - Que Foi do Rock & Roll
10.- Ruín Bois - Por ti Mesmo
11.- O Caimán do Río Tea - Manolo Pescadilla
12.- Túzaros - Cuspen na Cara 

Comentarios