19 aniversario da declaración da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade

Do 22 ao 2 de decembro a cidade acolle diferentes actos, iniciativas e actividades.

Muralla.Lugo.Galicia

A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Maite Ferreiro, anunciou hai uns días que con motivo do 19 aniversario da declaración por parte da Unesco como Patrimonio da Humanidade ían desenvolverse unhas xornadas para festexar e poñer en contexto ese recoñecemento.

As actividades empezaron o pasado 22 de novembro e alargaranse até o 2 de decembro: música, exposición, debates, actos participativos... Un completo programa a desenvolver nestes días e cos que festexar este recoñecemento.

Esta segunda feira, 25 de novembro, inaugúrase no patio do Vello Cárcere a mostra de Luz Darriba ‘Amurallando os soños II. Cumulum 2000-2019’. O sábado, día 30, haberá un concerto da Banda Fhilarmónica Infantil ás 13:00 horas na Ronda da Muralla (diante da Mosqueira). Ás 19:30 horas haberá un concerto de Solo Voces (Patio O Vello Cárcere).

O 22, 23 e 30 hai un fotomatón gratuito fronte á Casa do Concello. A segunda feira, 2 de decembro, decorrerá a mesa redonda ‘Implicación das institucións na consecución do recoñecemento da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade’. Participan Branca Rodríguez e Cándido Sánchez. Modera Rubén Arroxo. Ás 20:00 horas terá lugar ‘O dilema histórico da muralla como monumento’, a cargo de Adolfo de Abel Vilela.

Comentarios