Axenda

Unha fin de semana para todas!

Ismael Ramos 3
photo_camera Ismael Ramos, unha das voces presentes en Ponte Poética.

Ponte Poética, Festival de Poesía

Pontevedra

Diversos Espazos

10-14.4.2019

Pontevedra acolle unha nova edición do Festival de poesía Ponte Poética do 10 ao 14 de abril. O evento arranca esta sexta feira nas Ruínas de San Domingos co recital dos poetas Antonia Vivens, Ismael Ramos e Jan Wagner. Durante o sábado, o Teatro Principal acollerá toda a actividade de Ponte Poética: un obradoiro da man de Valter Hugo Mae e recitais con Pilar Pallarés e Silvia Penas, entre outras. Xa o domingo, 14 de abril, a Casa da Luz porá o ramo cun obradoiro de narrativa de Manuel Vilas.

De lugares e órganos

Compostela

Diversos espazos

11-20.4.2019

Como cada Semana Santa, “De lugares e órganos” volta para ofrecernos a oportunidade de descubrir o patrimonio instrumental de Compostela, baixo dirección artística de Belén Bermejo. Do 11 ao 20 de abril celébrase a cuarta edición do ciclo “De lugares e órganos” cunha programación que inclúe concertos, visitas guiadas, unha exposición, cinema no NUMAX, conversas e música ao vivo co obxectivo de “reconstruír un imaxinario ao redor das paisaxes organísticas de Santiago”.

Semana do Libro e a Lectura

Carballo

Biblioteca Rego da Balsa

12.4.2019

19.00h

O mago Antón pechará a XIV Semana do Libro e a Lectura con “Maxia para soñar e voar”, un espectáculo de ilusionismo para todas as crianzas.

#GalizaNonEsquece

A Baña

Café-Bar Muíño

12.4.2019

20.00h

Exposición e posterior coloquio sobre #GalizaNonEsquece, unha mostra que se ergue para falarmos de historia e memoria das esquecidas, da resistencia armada ao franquismo e a loita antifascista.

Alimentación consecuente

Ourense

Espazo RaíZes

12.4.2019

20.00h

Conversa co labrego Santi Rodríguez Cid, “Alimentación consecuente, o cambio nas nosas mans”, sobre calidade de vida en Galiza, recursos, modo de consumo e saúde.

Encontro con Carme Adán

San Sadurniño

Casa da Xuventude

12.4.2019

20.00h

Presentación de "Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión", un ensaio de Carme Adán que diserta sobre a violencia que exerce o patriarcado.

Andrea Pousa Trío

Cedeira

Auditorio Municipal

13.4.2019

20.00h

Música ao vivo coa cantante melódica-lírica Andrea Pousa Trío logo de presentar o seu primeiro álbum en solitario, “Respirar”.

Tanxarina

Ribadeo

Auditorio Municipal Hernán Naval

14.4.2019

17.30h

Teatro infantil coa galiña azul que pon ovos de cores, da man de Tanxarina, co texto imprescindíbel na literatura de Carlos Casares.

Carmen Méndez

Redondela

Auditorio Municipal da Xunqueira

14.4.2019

20.00h

“Outras químicas” é o novo espectáculo de Carmen Méndez, un monólogo que ben podería funcionar coma unha confesión e unha terapia... de grupo.

Gozosos Anos 30

Bueu

Diversos espazos

Até 21.4.2019

O espírito da cultura que fixo da vila Bueu un fervedoiro artístico nos anos 30 expandirase durante todo o mes de abril cos Gozosos Anos 30, un evento que inclúe exposicións, coloquios, ofrendas florais e unha festa que lembrará eses anos previos ao golpe de Estado e a personalidades como Maruxa Mallo, Torrente Ballester, Rómulo Gallegos, Johán Carballeira ou José Suárez. Dirixido por Xosé Leal, buscará “recrear o ambiente de esplendor artístico e cultural que se viviu neses anos”.

Comentarios