Unesco elixe a Muralla de Lugo para unha campaña no confinamento de promoción do patrimonio

Seleccionouna entre 40 monumentos mundiais.

Vivendas ás beiras da muralla de Lugo. (Imaxe: Luis Miguel Bugallo Sánchez)
photo_camera Vivendas ás beiras da muralla de Lugo (Imaxe: Luis Miguel Bugallo Sánchez)

A muralla de Lugo foi elixida pola Unesco para unha campaña que ten como obxectivo dar a coñecer e promocionar nestes tempos de confinamento o patrimonio.

A concelleira de Cultura e Turismo Maite Ferreiro indica que a muralla foi seleccionada “entre 40 monumentos mundiais” e indicou que a acción enmárcase “na campaña #ShareOurHeritage destinada a favorecer o coñecemento do Patrimonio Mundial por parte da Unesco”.

“Agradecemos este xesto, ademais, nun ano no que se fai 20 aniversario da declaración da Muralla de Lugo como patrimonio mundial”.

Comentarios