A Ulloa irmandiña toma o castelo de Pambre

Asociacións culturais da comarca da Ulloa participan este sábado na Noite Irmandiña, a toma simbólica dun dos escasos castelos que sobreviviu aos asaltos irmandiños, o de Pambre. Música, poesía e teatro servirán para ofrecer unha perspectiva inédita, nocturna, da fortaleza medieval, que se iluminará para a ocasión.

Castelo de Pambre.
photo_camera Castelo de Pambre

A Coral Polifónica de San Tirso, a charanga Era Visto e músico do colectivo 25 Xastres de Monterroso, do Buxaina e do Fontes de Merlán -ambos os dous de Palas de Rei-, ambientarán unha noite en que haberá recitais poéticos a cargo de Xosé Luís Otero Cebral ou Toño Núñez, entre outros. As compañías dramáticas Metástase e Alentía completan o programa-

A Noite Irmandiña, organizada polo Centro de Documentación e Intepretación da Comarca da Ulloa e máis polo Concello de Palas de Rei, onde se atopa o castelo de Pambre, comezará ás dez da noite dese sábado 9 de setembro. Media hora antes, un autobús de balde percorrerá a distancia entre Palas e Pambre e regresará ao remate do evento.

Comentarios