Unha sentenza obriga a readmitir a Silvia Longueira como directora da Fundación Luís Seoane

A Fundación Luís Seoane terá que readmitir e indemnizar a Silvia Nogueira segundo o fallo que fixo público o Tribunal do Social da Coruña. 

Fundación Luís Seoane
photo_camera Fundación Luís Seoane

A Fundación Luís Seoane terá que readmitir a Silvia Longueira como directora despois de que o Tribunal do Social da Coruña declarara nulo o seu despido. A readmisión terá que ser, segundo o fallo feito público esta quinta feira, “nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despido”,  tendo a Fundación que abonar os salarios deixados de percibir neste tempo até que se faga efectiva a readmisión por un importe de 112, 37 euros/día. Así mesmo, a Fundación terá obriga de indemnizar a Silvia Longueira por danos morais na cantidade de 5.000 euros a consecuencia “da vulneración dos seus dereitos fundamentais”. 

O padroado da Fundación Luís Seoane, a proposta do goberno municipal do PP, aprobara por  unanimidade a fins do mes de outubro de 2013 a destitución de Silvia Longueira como directora. Á xuntanza non asistiran o presidente da Academia, Xesús Alonso Montero, o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares e o reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luís Armesto.

O PP xustificou o despido de Silvia Nogueira pola vontade de imprirmir outra "velocidade" a un centro que afogaran econimicamente tanto nos orzamentos municipais como na eliminación do apoio directo da Consellaría de Cultura. Recibiron entón acusacións de "persecución política", á directora da Fundación, que fora concelleira de Asuntos Sociais co PSOE. 

David Barro na dirección

O pasado mes de febreiro, tamén por unanimidade, o padroado da Luís Seoane aprobou seleccionar a David Barro entre as 36 candidaturas que concorreran ao posto. Barro presentou xa a nova programación da Fundación e inaugurou a primeira das exposicións coa obra do artista portugués Juliao Sarmento. 

Comentarios