‘Trote’ chega ás salas após pasar polos festivais de Donostia e Locarno

Estréase esta sexta feira en cinemas de Galiza, Madrid, Euskadi ou Catalunya.

trote

Esta sexta feira ‘Trote’ chega a 12 salas comerciais en Galiza e sete noutras partes do Estado. O filme dirixido por Xacio Baños desembarca nas salas após pasar por diversos festivais, sendo a primeira película galega en participar nun  mesmo ano na sección a competición de dous  festivais de cinema de clase A: Locarno e San Sebastián.

O filme, cuxa orixe se atopa na rapa das bestas de Amil, relata unha historia “de animais que xogan a ser humanos”, segundo explicou Baño a Sermos Galiza. A historia nace nunha familia rural axitada pola morte da nai. Actores e actrices galegas de primeira orde encarnan as personaxes dun filme coral: María Vázquez, Melania Cruz, Celso Bugallo ou Tamara Canosa.

Xacio Baño é un dos directores galegos con máis proxección internacional. As súas curtametraxes Eco (2015), Ser e voltar (2014) e Anacos (2012) obtiveron premios en prestixiosos festivais como Clermont-Ferrand, Locarno, Sevilla, Alcances, Slamdance, Málaga ou Telluride.

Comentarios