Triángulo de Amor Bizarro, Kase O, Depedro e Niños Mutantes, no cartaz do Portamérica 2017

O festival decorrerá en Caldas de Reis entre o 13 e 15 de xullo. Confírmanse os 28 primeiros nomes de artistas e grupos que actuarán. De Porter e Xoel López a BNegão & Seletores de Frequência ou Novedades Carminha.

TAB
photo_camera TAB

Xa se coñecen as primeiras 28 confirmacións para o Portamérica 2017 (Caldas de Reis, 13, 14 e 15 de xullo). Pódense debullar nun vídeo que xa está nas redes ou ben ler isto.  Xoel López, Porter, Iván Ferreiro, Illya Kuryaki & the Valderramas, Kase O, Niños Mutantes, Los Amigos Invisibles, Depedro, Novedades Carminha, Triángulo de Amor Bizarro, Siddhartha, Carlos Sadness, BNegão & Seletores de Frequência, Enric Montefusco, Indios, Ángel Stanich, Orkesta Mendoza, Mateo Kingman e Rufus T. Firefly son os primeiros artistas confirmados para esta sexta edición do festival que cambiou de ubicación para recalar agora na Carballeira de Caldas.

Haberá dous escenarios, ShowRocking, mercadiño e acampada. O diñeiro da acampada (3 euros por asistente) destinarase a unha campaña de acción social. 

Comentarios