Que facer

Susana Seivane, o sábado na Coruña, e Treixadura, o domingo en Lalín

treixadura1
photo_camera Treixadura

Elefante Elegante
Ames
Casa da Cultura de Bertamiráns
Sexta feira
12.30h/ 18.00h
Danza da choiva é un espectáculo de teatro dirixido ao público infantil, a cargo da compañía Elefante Elegante. 

Fóra
Pontevedra
Teatro Principal 
Sexta feira
21.00h
Estrea do documentario Fóra, un proxecto audiovisual que recompila a historia da oposición á factoría de Ence na súa actual localización en Lourizán. O testemuño dos protagonistas da oposición a Ence abarca diversos ámbitos, desde o político, institucional, xudicial até o asociativo ou cultural, así como de representantes de colectivos e persoas que desenvolveron iniciativas de tipo persoal.

Contos e máis sorpresas 
Pontevedra
Libraría Paz
Sábado
13.30h
Mercedes Queixas Zas -autora– e Paula Pereira -ilustradora- presentan Xandra a landra que quería voar; e María Montes –tamén ilustradora– presentará A brétema, un conto de María Victoria Moreno.

Estreas do IV Chanfaina Lab
San Sadurniño 
Casa da Cultura 
Sábado
Estrea das pezas do proxecto coa participación das persoas que o fixeron posíbel, ben na parte da realización, ben na parte da interpretación ou do apoio á produción. No Chanfaina, ademais das creadoras e creadores, tamén se implicaron persoas de San Sadurniño. A estrea desenvolverase en dúas partes, cun bloque de proxeccións entre as 18.00 e as 20.00h. e outro das 20.15 ás 22.00h. 

Dinamoteatro
Ortigueira
Teatro da Beneficencia
Sábado
20.00h
A comedia Eu queríame casare narra a historia televisiva de dúas persoas, Antón e Lola, que se coñecen nun programa de ‘citas a cegas’.

Susana Seivane
Centro Ágora
A Coruña
Sábado
21.00h
Susana Seivane presenta a primeira entrega do seu último proxecto FA, un duplo disco que reflexiona sobre as sensacións producidas na maternidade e o embarazo.

A historia de Brancaflor
Mos
Pazo de Mos
Domingo
12.15h
Espectáculo de narración oral a cargo de Fran Rei, cunha achega á lenda popular de Brancaflor, filla do Demo.

Filocafé
Compostela 
Centro Galego de Arte Contemporánea
Domingo
18.30h
O primeiro domingo de cada mes, até xuño, o CGAC organiza un filocafé na súa cafetaría, conversas públicas enfocadas desde un punto de vista filosófico.

Treixadura
Lalín 
Praza da Igrexa
Domingo
20.00h
O mítico grupo de folk Treixadura ofrecerá un concerto dentro dos actos da 50 edición da Feira do Cocido. 


 

Comentarios