Publicada este ano pola editorial De Conatus en versión da propia autora, o xurado do galardón sinala que é “unha novela diferente sobre a posguerra, é o relato dunha ferida sen cicatrizar, un exercicio de memoria dunha xeración á que se lle aprendeu que o silencio era obrigado, e de reconciliación cunha historia familiar que é á vez a historia dun país”.
Ademais considera que Seique “enfía a historia íntima da familia da escritora, dos venecedores e tamén dos vencidos e esquecidos” e conforma “un libro de indubidábel calidade que impacta pola súa narración íntegra, perspicaz e transparente e que será un descubrimento para moitos lectores”.
Nota: a escritora Susana Sánchez Arins. Foto: Galipedia (Estevoaei).