Festival Minho Reggae

Tomiño convértese na capital do reggae do 1 ao 3 de setembro

Regresa a Goián (Tomiño) o Minho Reggae, un dos festivais máis esperados do verán e cuxo protagonista é o reggae en galego. E é que participan grupos da Galiza, de Portugal e do Brasil.

MINHO REGGAE2

Do 1 ao 3 de setembro, Goián (Tomiño) é o epicentro da música reggae grazas ao Minho Reggae Splash, que xa vai pola sétima edición. Impulsado pola asociación Minho Reggae, o festival naceu para promover e difundir esta variedade musical e valores como a convivencia, o coidado da natureza e o respeito.

cartel2016O Minho Reggae desenvolverase nunha paisaxe idílica, rodeada de natureza, e durante os tres días de festival o colectivo Ecosistemas creará unha escenografía interactiva motivada tras a catástrofe que cometeron os incendios nos montes galegos e portugueses. Tratarase dunha escenografía artística con módulos en forma de árbore da que partirán sementes. “É unha experiencia-xogo que pretende concienciar sobre a importancia da natureza e fomentar o respeito cara a ela”, sinala a organización.

Quinta e sexta feiras

As actividades comezan na noite da quinta feira ás 21.30h coa jam session con convidados locais e DJ Negralha.

A sexta feira abrirá o Soundsystem Máis lume kolektive e Herri Selektah e actuarán tamén High Paw backed by Elephants band; Ganjahr Family backed by Atlantic Force Band; Transilvanians; Jahvier Tuff Lions; Junior Dread e Real Rockers e mais Guests.

O grande da escena reggae do Brasil, Junior Dread, comeza en Goián a súa xira internacional por Europa. O músico brasileiro prepara o lanzamento do seu primeiro album oficial “Saiba Viver” con co-producción musical e guitarras de Junior Marvin, o lexendario guitarrista do Bob Marley & The Wailers e produtor do álbum do século “Exodus”.

Sábado

E o sábado, día 3, a xornada comeza ás 12h cunha ruta pola beira do río Minho para descubrir a flora e fauna da zona; ás 13h terá lugar o obradoiro “Iniciación á meditación” e ás 13h comezará a actuación de Bababoom SoundSystem. Na xornada de tarde haberá charlas sobre a elaboración da cervexa artesá e sobre sementes autóctonas. Aliás, desenvolveranse espectáculos circenses e unha sesión de tambores tradicionais.

Á noite será a quenda de Bush Doctors, Angatu, Vivian Jones backed by Elephants band; Tuff Lions; Ovella negra e Webcam Hi-Fi feat Zion Irie.

Artesanía, alimentación orgánica e vexetariana e o traballo de asociacións culturais de base completan o festival, que se desenvolverá no Espazo Fortaleza, “unha icona de guerra transformada nun símbolo de paz e unión entre pobos”, salienta a organización.

Comentarios