‘O tolleito de Inishmann’ e ’Eroski Paraíso’ repártense os María Casares

‘O tolleito de Inishmann’, de Cándido Pazó, de Contraproducións e FIOT Carballo, faise con cinco galardóns e ‘Eroski paraíso’, de Chévere, faise con catro.

cópia de FOTO FAMILIA MARIA CASARES 2017
photo_camera Foto de familia dos María Casares 2017

Os XXI Premios de Teatro María Casares xa teñen gañadores. O Teatro Rosalía Castro da Coruña vén de acoller esta noite unha cerimonia de entrega na que un total de 13 espectáculos competían nas catorce categorías nas que se dividen os galardóns do teatro, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG).

Estes foron os gañadores da noite: 

- ‘O tolleito de Inishmaan’, de Contraproducións e Fiot Carballo (5 premios): mellor iluminación (Afonso Castro), mellor adaptación/tradución (Cándido Pazó, Santi Romay, Alberto Rodríguez), mellor actriz secundaria (María Roja), mellor actor secundario (Evaristo Calvo), mellor actor protagonista (Santi Romay)

- 'Eroski Paraíso', de Chévere (4): mellor música orixinal (Terbutalina), mellor actriz protagonista (Patricia de Lorenzo), mellor dirección (Xesús Ron) e mellor espectáculo.

- 'Voaxa e Carmín', de ButacaZero e Eme2 (2): mellor maquillaxe (Trini F. Silva) e mellor vestiario (Mari Seoane)

- 'Danza da choiva', de Elefante Elegante (1): mellor espectáculo infantil

- 'Foucellas', de Talía Teatro (1): mellor escenografía (Dani Trillo)

- 'Raclette', de Ibuprofeno Teatro (1): mellor texto orixinal (Santiago Cortegoso)

Á gala, que se retransmitiu en streaming polo web da TVG e por diferido na TVG, acudiron máis de 500 convidados, entre autoridades, profesionais do sector, asociados, xornalistas e convidados en xeral. Todos eles asistiron a unha gala ideada e conducida por Pepo Suevos, que neste ano propuxo un espectáculo guiado polo humor e o desenfado que xirou ao redor das relacións entre a administración e a cultura, dous mundos condenados a entenderse. Pola súa banda, Eduardo Alonso recibiu o Premio de Honra Marisa Soto e Imma António leu o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro.

Comentarios