Do 24 ao 27

O Titirideza fará de Lalín epicentro dos monicreques

Do 24 ao 27 de agosto terá lugar en Lalín unha nova edición de Titirideza, que farán da comarca capital do teatro de monicreques e da súa maxia.

a_pequena_lua_06
photo_camera "A pequena lúa", da Xanela do Maxín

Fiel á súa cita anual, chega o Titirideza. Do 24 ao 27, Lalín acollerá espectáculos de compañías que utilizan exclusivamente os monicreques como elemento dramático: La mar de marionetas; Periferia teatro de títeres; Títeres Babaluva e A Xanela do maxín, amais de Catro pés e Rojo telón.

Segundo explica a organización, os espectáculos que veremos “teñen en común que son producidos e dirixidos por compañías de mulleres”, algo que representa as “miradas diversas sobre o feminino”. Atoparemos a voz de personaxes dos contos clásicos, e outras que reflexionan sobre a liberdade, as emocións ou a solidariedade.

A esta festa do teatro de monicreques súmase o Museo Galego da Marioneta cunha pequena retrospectiva do traballo de Fernanda Cabrera Varela, fundadora de Marionetas Trécola e persoa fundamental na historia do teatro de marionetas do noso país; que xa se pode ver no Pazo de Liñares desde o 18 de agosto.

Comentarios