QUE FACER?

Títeres, teatro, música e humor: oferta completa para a finde

Non hai queixa esta fin de semana: desde o Festival Internacional de Títeres até o humor de Aldaolado. Pasen e vexan.

Xoán Curiel
photo_camera Xoán Curiel

Sexta feira.

Fene. Museu do Humor. 20 horas. Aldaolado. O dueto humorístico Lucía Aldao-María Lado apresenta un espectáculo sobre o amor titulado Pendanga e Oso.

A Coruña. Teatro Rosalía. 20.30 horas. Eroski Paraíso. Chévere continúa coa súa xira de apresentación do seu último espectáculo sobre a emigración e o desarraigo.

Sábado.

Teo. Auditorio da Ramallosa. 21.30 horas. Xoán Curiel. Este cantautor apresneta o seu último traballo, Ecuacións, na compaña do músico madrileño Javier Álvarez.

Vilalba. Auditorio Municipal. 20.30 horas. Noiteboa. O novo espectáculo de Redrum Teatro, baixo a dirección de Álex Sampayo e cun elenco composto por Mela Casal, Ernesto Chao e Guillermo Carbajo.

Toda a fin de semana.

Ponteceso. O Couto Festiletras. Cartaz espectacular, con Carlos Blanco e Davila, Uxía e Magín, Sés, Caxade...

Redondela. Festival Internacional de Títeres. Compañías de monicreques de toda Europa.

Comentarios