Tímpanos medievais da Galiza: A rosa e o rostro en San Miguel de Eiré

O Mosteiro, como se lle chama popularmente á igrexa de San Miguel de Eiré, fica na parroquia do mesmo nome, a uns catro quilómetros de Ferreira de Pantón. Pouco antes de chegar aínda se ven os muros da que foi casa do avó de Ánxel Fole. Chámanlle Mosteiro porque este existiu realmente, xa no século XI, de freiras bieitas, mais nada queda del, a excepción da igrexa, que agora imos visitar. Enriqueceuno Afonso VII, o Afonso Reimúndez que coroara como rei da Galiza na catedral de Santiago o bispo Xelmírez, en 1110. Tamén tivo beneficios doutra dama da nobreza, Esclada Ordóñez Esclavaria, e documéntanse abadesas como Eldonza, María Pérez ou Aldara Fernández. En 1964 foi declarada Monumento Nacional. 
Igrexa de San Miguel de Eiré, en Pantón. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Igrexa de San Miguel de Eiré, en Pantón. (Foto: Lois Diéguez)
San Miguel de Eiré, obra da segunda metade do século XII, componse dun alto volume prismático cerrado polo lado leste por unha ábsida con treito rectangular. Unha soa nave, pois, interceptada apenas…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios