venres 05/03/21

Tímpanos medievais da Galiza: Os tímpanos románicos da catedral de Santiago

Durante o episcopado do Arcebispo Xelmírez, entre 1101 e 1140, a construción da catedral románica de Santiago viviu un verdadeiro período de esplendor marcado pola personalidade deste prelado e patrón das artes; así como polas importantes relacións que mantiña co papado, a monarquía e a orde de Cluny. Todo iso propiciou que o ritmo das obras, que se iniciaron, cara a 1075, pola cabeceira e que xa viviran dúas fases previas sucesivas, se incrementara alcanzando lugares nucleares do proxecto, caso da nova capela maior, do cruceiro e das súas respectivas fachadas, dotadas de portais historiados, que aparecen descritos con minuciosidade no Códice Calixtino. Nelas traballaron importantes mestres foráneos que introduciron unha nova linguaxe e converteron Compostela en importante foco artístico da súa época. 
Vista xeral da fachada das Praterías da Catedral de Santiago. (Foto: Arquivo fotográfico da Fundación Catedral de Santiago)
Vista xeral da fachada das Praterías da Catedral de Santiago. (Foto: Arquivo fotográfico da Fundación Catedral de Santiago)
Os tímpanos dos portais maiores da Catedral de Xelmírez: Praterías e o Paraíso A personalidade impulsiva de Diego Xelmírez e o seu desexo de converter Compostela nunha segunda Roma e, por tanto e a pesar da súa localización…

Debes estar rexistrado para ler este contido

Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.

Rexistrarse
comentarios