Tímpanos medievais da Galiza: O tímpano da Gloria

Vista xeral do tímpano do arco central do Pórtico da Gloria. (Foto: Denís E. F. / Fundación Catedral de Santiago)
Da tripla arcada do Pórtico da Gloria, só o arco central se completou cun gran tímpano, o cal supón o punto culminante no relato sobre a historia da humanidade que desenvolveu o Mestre Mateo neste conxunto, obra cume da historia da arte medieval. No tímpano do Pórtico represéntase, cun discurso apocalíptico e salvífico, a Xerusalén Celeste que virá ao final dos tempos; unha obra que debe contextualizarse en relación co resto do conxunto. Así mesmo, nos seus relevos poden apreciarse diferentes mans e sensibilidades dos integrantes do obradoiro que, baixo a dirección do Mestre Mateo, se encargou de culminar a construción da catedral románica, incorporando, na contorna do ano 1200, unha nova linguaxe artística que sentou as bases da arte que se desenvolvería na Galiza a partir dese momento. 
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.