Tímpanos medievais da Galiza: Santa María de Tomiño

A decoración da portada da igrexa de Santa María de Tomiño acusa as influencias do Románico bracarense, sobre todo no motivo da terceira arquivolta, denominado por Vasconcellos, no seu traballo sobre o Románico Portugués, “lanças”. Este motivo podémolo ver nas portadas occidental e norte da Catedral de Braga, e noutras igrexas na súa área de influencia. Isto dota Santa María de Tomiño dunha gran singularidade, xa que nela conflúen dúas das tendencias estilísticas máis importantes do momento: Tui e Braga. 
Fachada co motivo das "lanças" na terceira arquivolta. (Foto: Sara Quintana Vila)
photo_camera Fachada co motivo das "lanças" na terceira arquivolta. (Foto: Sara Quintana Vila)
A igrexa de Santa María de Tomiño pertenceu a un antigo cenobio feminino. Situábase nun val fértil bañado polo Miño, onde se erguían diferentes mosteiros que formaban parte da nómina da Diocese de…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios