Tímpanos medievais da Galiza: Moraime, esplendor románico na Costa da Morte

Na antiga comarca de Nemancos, ao pé da estrada de Berdoias a Muxía, a uns tres quilómetros antes de chegar a esta vila mariñeira, destaca na paisaxe a igrexa parroquial de San Xulián de Moraime, coa súa elevada torre campanario e a alongada casa reitoral ao seu carón. O templo románico máis importante entre Compostela e a Costa da Morte. A súa relevancia móstrase na gran monumentalidade do edificio, nos programas escultóricos das portas occidental e sur, cada unha co seu singular tímpano, así como nas pinturas góticas que acolle o muro norte da nave. Tanto a igrexa como o antigo mosteiro asentáronse nun lugar onde anteriormente houbo unha mansión romana, e despois, unha necrópole xermana. 
Tímpano da porta occidental do templo. (Foto: Xan Fernández Cabana)
photo_camera Tímpano da porta occidental do templo. (Foto: Xan Fernández Carrera)
A porta occidental A intensa decoración que se amosa nesta portada pasa desapercibida para o visitante no momento que observa a fachada do templo. O pórtico que a cobre, de posterior…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios