A idea deste concerto é conmemorar un encontro similar que tivo lugar o ano pasado durante a Festa do Albariño no que Narf e Uxía actuaron conxuntamente. O concelleiro de cultura sinala que o obxectivo é lembrar ese espectáculo que en Cambados recordan con cariño e homenaxear ao artista.
A banda Timbila Nuzimba tocou en varias ocasións con Narf, de feito, foi con eles con quen actuou no seu último concerto. "Quixemos combinar a presenza de Uxía e a do grupo que tocou con el no seu último concerto", afirma Víctor Caamaño, concelleiro de cultura de Cambada.
O concerto terá lugar na Biblioteca Municipal Luís Rey de Cambados ás 20:00h, mesmo espazo e horario que o do ano pasado.