Ti tamén podes contribuír á memoria musical da Agra do Orzán

A memoria sonora da Agra do Orzán é colectiva e, por esta razón, o programa Música en Brancode Sinsalaudio ten aberta neste mes de xuño unha convocatoria para microproxectos que serán financiados para se desenvolver no mes de outono.

Mapa da Agra do Orzán
photo_camera Mapa da Agra do Orzán

Durante todo este mes de xuño, quen quixer, persoas ou colectivos, poden presentar microproxectos para optar arredor da memoria sonora da Agra do Orzán para optar ao financiamento a conta do programa de Sinsal Audio para a Concellaría de Cultura. As propostas escollidas apoiaranse con entre 2.000 e 3.000 euros para o seu desenvolvemento no mes de outubro.

Para entrar na convocatoria non é preciso ser da Agra do Orzán, poderanse presentar iniciativas de todo o territorio galego con tal de que o proxecto xire arredor do patrimonio sonoro e musical do barrio da Coruña. Búscase a participación, en especial da veciñanza, a través dos colectivos que se moven no barrio, de persoas interesadas ou de quen teña unha idea brillante para recuperar e dárlle vida á música do Orzán. Para a elaboración dos microproxectos pódese tirar partido do traballo desenvolvido por Sinsalaudio na primeira etapa do proceso no que a consulta de fontes e máis de sesenta entrevistas forneceron un material de grande valor para coñecer o barrio e a súa historia cultural.

Os proxectos deben implicar dunha maneira ou outra á cidadanía e terán que desenvolverse como mínimo nun día e nun mes como máximo. Poderanse realizar nos espazos do barrio, comercios, áreas comerciais, escolas, locais sociais, bares ou no Centro Ágora.

No blog www.musicaenbranco.org atópase a ficha de solicitude que comper acompañar dun CV antes do 30 de xuño. Máis información en  http://musicaenbranco.org/convocatoria/.

A investigación, a participación activa da veciñanza e a programación de actividades son os tres eixos sobre o que se constrúe Música en Branco,o proxecto de Sinsalaudio para o Concello da Coruña que se está a desenvolver no barrio da cidade. 

Comentarios